AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

planeta Mincha
Manel Cráneo

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Entrevista a nuestro "presi" en Briefing Galego

28/10/2009

Hoy ha aparecido publicada en Briefing Galego una entrevista que le hicieron a Santy Gutiérrez, presidente de AGPI, donde habla de nuestra asociación, la situación de la ilustración en Galicia, y de muchas otras cosas, todas ellas interesantes, como suele ocurrir con Santy.

Miguelanxo Prado, académico da Galega de Belas Artes

16/04/2009

A Real Academia Galega das Belas Artes Nosa Señora do Rosario acaba de nomear a Miguelanxo Prado membro de número, por proposta do fotógrafo Xurxo Lobato, o arqueólogo Felipe Senén e o arquitecto José Ramón Soraluce, dentro da apertura a novas facetas da creación da institución académica. Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958), director de Viñetas desde o Atlántico, formará parte da sección de Artes da Imaxe.
Desde a AGPI felicitamos a Miguelanxo por este extraordinario recoñecemento, que indubidablemente merece, e estamos seguros de que desde a súa nova posición como académico seguirá a defender e traballar polo mellor recoñecemento do cómic e a ilustración.
Podedes ler unha entrevista a este respecto aquí

Os ilustradores e a crise, en ‘El País’

18/02/2009

«El contador se ha parado para los freelance»  é o título do artigo de Elisa Silió que aparece no xornal El País de onte, 17 de febreiro. Nel, dáse un repaso aos actuais problemas profesionais dos autónomos: representantes de gremios como os dos fotógrafos, os maquetadores, os tradutores, os correctores, os publicistas, os xornalistas freelance e mais os ilustradores falan de como se enfrontan á crise. En nome dos ilustradores faino Manel Cráneo,  directivo de AGPI e vicepresidente de FADIP;  o artigo cita ademais entre as súas fontes o Estudo económico da Ilustración en España.

BD e BBAA

22/09/2008

BD e BBAA é un artigo de culturagalega.org no que se fala de algo que "marcou, para ben ou para mal, a moitos dos nosos autores de banda deseñada":  o paso pola Facultade de Belas Artes. Con entrevistas a Alberto Vázquez, José Domingo, Brais Rodríguez, Miguel Porto e Kiko da Silva.