AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Cómic Sonny Rollins
Rubén Álvarez

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Exposición ‘... E ata aquí podo ler’

05/08/2010

Dende o 31 de xullo, e ata o día 22 de agosto, a Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga 10, 15003 A Coruña) [http://bit.ly/a9JXjg] acollerá a exposición «... E ata aquí podo ler», organizada pola AGPI en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. A mostra, desenvolvida co gallo da Feira do Libro da cidade herculina, recolle as ilustracións feitas por 87 autores e autoras galegos co fin de serviren como marcapáxinas ou puntos de lectura.

Ditos marcapáxinas poden ser obtidos por separado coas compras nas casetas da Feira do Libro, mais tamén pode mercarse a colección completa (aparafusada por unha esquina, ao estilo dunha guía de cores ou un abano) na caseta da AGPI que se instalará na feira da banda deseñada do Festival Viñetas desde o Atlántico entre o 9 e o 15 de agosto.

A montaxe dos exemplares da colección foi un arduo traballo que desenrolaron os nosos socios en membros da Xunta Directiva de AGPI, Manel Cráneo e Almudena Aparicio, e podemos ver unha mostra do seu calvario neste video que preparou o propio Manel.

Cómo conseguir un dibujo de David Rubín

05/08/2010

Nuestro socio de AGPI, David Rubín, nos avisa de tres maneras de hacernos con un original suyo:
1.-Por un lado, el Domingo 8 de Agosto, a las 19:00 va a estar junto a Kike Benlloch firmando ejemplares  de "Uxio Novoneyra: A voz herdada", en la Feria del Libro de A Coruña.

2.-Por otro lado, dentro del evento comiquero estival por excelencia, Viñetas dende o Atlántico, el jueves 12 y el viernes 13, estará en el Stand de Astiberri.

3.-Y por último, desde AGPI se está coordinando la venta de originales de nuestros socios. Una ocasión excepcional para hacerse con alguna página, ilustración o boceto que nadie más va a tener.

Más información sobre la agenda de David en su blog.

Agpirina nº 8

28/07/2010

A AGPI acaba de publicar o oitavo número do seu boletín informativo, Agpirina. Ademais dun repaso ás actividades da asociación nos últimos meses, este novo número inclúe unha entrevista con Suso Cubeiro, varios textos sobre o libro dixital (incluíndo as recomendacións do Observatorio da Ilustración Gráfica ao respecto), un artigo sobre ilustración e patrimonio (a cargo do ilustrador Enrique Mingote) e mais outro sobre a VEGAP, a entidade de xestión dos artistas visuais. A versión en papel do boletín pode ser solicitada nos contactos da asociación, pero ademais pode consultarse en liña na sección «Publicacións» desta mesma web.

Comezan as Tertulias AGPI

26/05/2010

A AGPI presenta unha nova actividade, as Tertulias AGPI, que comezan o próximo mércores 2 de xuño ás 19.30 h na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real 56, 15003 A Coruña)  e que posteriormente irán tendo lugar noutras localidades da xeografía galega. O título da primeira tertulia é «Fuga de talentos: segue a ser necesaria a emigración de ilustradores?».

Seguimos os ilustradores necesitando achegarnos ás capitais para poder abrirnos paso profesionalmente, ou a era da internet converteu definitivamente o lugar de residencia en algo secundario? Este faladoiro, aberto a todo o público, busca que as persoas asistentes compartan as súas impresións sobre os mitos e as realidades da emigración de creativos cara a outros lugares. Procuramos un punto de encontro, informal e animado, entre os ilustradores e entre ilustradores e público.

Para abrir o coloquio contaremos cun convidado especial, Alberto Guitián, socio de AGPI que residiu durante uns anos na cidade de Barcelona, onde traballou en ilustración publicitaria, banda deseñada e cinema de animación.

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dá comezo así a unha nova actividade que nace con vocación de continuidade, aínda que sen periodicidade nin sede fixas, coa intención de desenvolvela en diferentes localidades galegas, polo menos unha vez cada trimestre.

Este faladoiro conta coa colaboración da Galería Sargadelos da Coruña e co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, dentro da súa campaña «A Cidade que Le».



Alberto Guitián (Lugo, 1974). Licenciado en Belas Artes en Pontevedra. Acadou premios en diversos certames galegos e portugueses de BD e caricatura. En 2003 gañou un accésit dos premios do Injuve, na categoría de cómic. Ten colaborado en numerosas publicacións, como O Fanzine das Xornadas, Golfiño, Caña, Bíblia, Tmeo, Mono Gráfico, Cabezabajo, Amaníaco, Viralatas, BD Banda, Retranca, Barsowia, Míster K ou El Jueves, e publicou en 2009 o seu primeiro álbum monográfico, Fito e Pita (Retranca Editora). Alén diso, traballou con axencias de publicidade e estudios gráficos de Galicia e Cataluña, así como no deseño de fondos para o filme de animación Chico y Rita, dirixido por Javier Mariscal e Fernando Trueba. Nos próximos meses publicará Petaco, o seu segundo álbum de BD, recompilación de paxinas publicadas na revista xuvenil Míster K.

CONSIDERACIÓN SOBRE AS BASES DAS AXUDAS Á CREACIÓN DE BD

07/02/2010

Tras a recente convocatoria de axudas para a creación de banda deseñada en galego para 2010, a AGPI veu percibindo a inquietude dos nosos asociados e doutros sectores vinculados co mundo da Banda Deseñada, provocada pola redacción certamente mellorable das bases para solicitar as devanditas axudas.
Esta convocatoria era un longo anhelo dos profesionais do sector, e polo tanto queremos recoñecer o esforzo da Administración por querer dar coa orde pubicada no DOG un importante paso na consolidación e o fortalecemento dun medio historicamente esquecido pola Administración e menosprezado pola industria editorial. Non queremos deixar de expresar a nosa firme crenza da necesidade da existencia destas axudas, pero vímonos na obriga de facerlles ver o aos responsables da administración o necesario dunha reforma nas bases publicadas, xa que, segundo foron presentadas, mostran grandes incongruencias coa filosofía intrínseca dunhas axudas á creación e incompatibilidades coa realidade do sector ao que están destinadas, e que fan que estas axudas naceran xa de inicio sen validez real que as avale como axudas significativas á Banda Deseñada Galega. Aínda que é certo que algúns colectivos de relevancia na escena da BD galega fomos consultados dende a Consellería nun intento de elaborar unhas bases consensuadas co sector, a realidade é que as consideracións e argumentacións que lles ofrecemos nesas breves consultas non foron tidas en conta de maneira conveniente e, sobre todo, non se nos remitiu en ningún momento o texto definitivo da orde, polo que nos foi obviamente imposible dar o noso visto e prace a unhas bases con importantes erros de enfoque e de contido, que de seguro teriamos detectado se se nos ofrecese a posibilidade de ler o texto antes da sua pubicación no DOG. Asi pois, o día 03 de febrerio acodimos á reunión convocada pola Concellería coa intención de expresarlles en primeira persoa as seguintes consideracións
En primeiro lugar, a esixencia de posuír unha titulación (calquera que esta sexa) para acceder ás axudas é unha medida claramente excluínte, xa que deixa fóra da posibilidade de solicitar as axudas á grande maioría dos autores de cómic do país, e unhas axudas ao sector, por lóxica, non deberían excluír de inicio a maior parte dos integrantes dese sector. Pero é que ademais o labor de creación é unha tarefa non inherente a ningún tipo de titulación, e sendo a formación dun debuxante de BD de fonda natureza autodidacta e non existindo estudos de ningunha índole que faculten a ninguén para ser autor de BD, entendemos que é totalmente innecesario que se propoña esta clásula restritiva.
Quixeramos matizar neste punto que a AGPI defendeu dende un principio a non necesidade de requirir titulación ningunha, mais foinos comunicado dende a Consellería que o requirimento de titulacións (e entendidas sempre como un dos múltiples baremos de puntuación para a concesión das axudas, e non como unha esixencia “sine qua non”) era un imperativo legal esixido dende o gabinete xurídico da Xunta para a concesión de bolsas. Non obstante, detectamos que no resto de axudas á creación (por exemplo, nas axudas á creación de guións, e noutras axudas ao sector audiovisual) non se require aos solicitantes ningún tipo de titulación, polo que solicitamos a eliminación deste inxusto e innecesario filtro académico.
En segundo lugar, a AGPI entende que a maneira requirida pola Administración para a xustificación por parte dos beneficiarios do diñeiro recibido (punto nove das bases) desvirtúa a esencia mesma das axudas, pois seguindo os criterios de xustificación nomeados nas bases estas deixan de ser axudas á creación de BD e convértense en axudas á edición de BD. Isto non é un detalle menor, pois os autores non son editores, nin está no seu espírito converterse nun deles. Estas axudas foron concibidas para que un autor puidese permitirse traballar na creación dun proxecto grazas a axuda económica que lle reportaría a subvención gañada. Os custos de xeración dunha obra de BD son practicamente nulos: salvo os lóxicos custos de material non existen grandes desenvolsos; as axudas, pois, deberían servir para que os autores puidesen facer fronte ao custo da vida durante o tempo no que estivesen a traballar nos seus proxectos. Mais, se atendemos aos criterios de xustificación descritos nas bases, deberían incluírse facturas polo concepto de edición da obra, co que realmente o destinatario final dos cartos sería unha empesa editorial ou de artes gráficas, e non o autor que creou a obra, e xa que logo serían estas unhas axudas á (auto)edición e non á creación. A AGPI expresou perante a dirección xeral que o ideal sería outorgar unhas bolsas económicas da mesma natureza que as que perciben os bolseiros de calquera profesión, que non precisan de máis xustificación que a obra rematada, pois se interpretan como o soldo que este profesional percibe por realizar o seu traballo durante o seu tempo como bolsado.
Queremos salientar que a AGPI considera que o nacemento destas axudas supón un fito sen precedentes no apoio a un medio de expresión artística de crecente prestixio e recoñecemento social, pero que precisamente por iso as bases da orde deben someterse a unha revisión con carácter de urxencia que palíe o antes posible cunha reforma as carencias coas que naceron nesta primeira convocatoria.  E por esta razón, convidamos á Dirección Xeral a tomar en consideración as cuestións que así lles expuxemos.
Tras manter a devandita reunión do día 3, na que estabamos convocados diversos representantes do panorama da BD galega, renovouse a que fora chamada MESA BD, pois dende a administración entenden que esta debe ser un órgano consultivo oficioso, unha ferramenta de diálogo que facilite a comunicación entre o sector e a administración. A AGPI quere manifestar o positivo deste feito, xa que consideramos que para acadar propostas  e desenvolvelas coa maior garantía de practicidade, é preciso consultar cos axentes representativos da BD galega. Informóusenos tamén do aumento orzamentario destinado ao cómic (600.000 euros), estas cifras xa foran feitas públicas no seu momento, pero consideramos que é unha cifra moi significativa que valoramos tamén moi positivamente. En canto a nosa solicitude de enmenda inmediata das bases, durante a reunión a dirección xeral comunicounos que están traballando xa na reforma dalgún dos puntos inadecuados das bases para esta mesma convocatoria asi coma a revisión total das mesmas para as próximas convocatorias.: estas modificacións, pendentes so da aprovación da asesoría xurídica, reformarán o punto das titulacións: engadirase unha clausula derogatoria na que se admitirán a trámite as solicitudes de aqueles que pusuan unha titulación, e as dos que teñan algún comic publicado, presentado a algún medio de comunicación ou editorial ou realizado ainda que non fora editado. É dicir, universalizaría o espectro de solicitantes. A modificación foi ben acollida por todos os representantes da mesa, ainda que a AGPI explicitou que sendo este so debe ser un arranxo puntual para as bases desta convocatoria, a cláusula de requerimento de titulacións debería ser completamente eliminada das bases nas seguintes convocatorias.
E en tanto a xustificación legal dos cartos; neste asunto, dende a administración manifestaron que a lei de subvencións é taxativa e moi rixida, e non hai maneira de evitar as condicións de xustificación: os presentes comentamos o inadecuado disa lei para o noso caso. Unha posible solución a isto sería a trasformación das axudas en premios (cousa que xa se propuxera ata en duas ocasións e fora descartada), pero haberá que esperar á proxima convocatoria para iso. Asi pois, a AGPI valora moi positivamente o achegamento da administración aos representantes do sector da BD, asi como o seu recoñecemento do inapropiado das bases e o seu intento de arranxalo na medida do posible nesta e nas próximas convocatorias, polo que os animamos a seguir traballando en prol da defensa dun medio de expresión históricamente carente de protección e que a pesar diso convertiuse gracias ao bo facer dos autores galegos nun referente no panorama nacional.
Finalmente, queremos manifestar que na procura dun beneficio real dos autores galegos, esta asociación que eu presido ofrécese a colaborar coa Consellería no que sexa mester para a mellora da saúde do panorama da ilustración e a BD galegas.

Santy Gutiérrez
Presidente da AGPI

Sobre a convocatoria de axudas á creación da BD.

26/01/2010

Perante a polémica suscitada pola publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria de axudas para a creación de banda deseñada, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración quere manifestar que non avala dita convocatoria. Aínda que formamos parte, xunto con outros colectivos, da comisión que puxo en marcha a iniciativa e estivo a disposición da Administración naquelas cuestións que lle foron suscitadas no decurso do proceso de tramitación de ditas axudas, o documento final non responde ao que esta asociación propuxera ante a administración; e dado que AGPI nin tivo acceso ao texto completo da orde antes da súa publicación, nin participou na redacción das mesmas, en ningún caso podería avalar oficialmente o contido da orde.
As bases finais redactadas polo gabinete da consellería de Cultura e publicadas no DOGA non son o que nós esperabamos, polo que estamos sensiblemente decepcionados. A AGPI polo tanto, como colectivo, participa da inquietude dos seus membros, que se resume fundamentalmente nos seguintes puntos:

A esixencia de titulacións: o quid da cuestión, e ao noso entender o que fai que este sexa o punto máis polémico da orde. Non é so que dende a administración se requiran unhas determinadas titulación aos creadores de BD, senón que este será un criterio imprescindible para a consecución das axudas, e non un mais dos baremos de puntuación para o acceso a unha bolsa. Este requisito invalida á meirande parte dos creadores de BD galegos, e polo tanto ao seren excluinte non poden ser aceptadas coma axudas válidas para o sector.


Xustificación de gastos: a petición de xustificar os cartos recibidos trasforman a idea inicial de ofrecer bolsas á creación dun proxecto a convertilas en subvencións á edición dese proxecto.

Outros puntos discutibles son a precariedade nos plazos nos que deben ser presentados os materiais.

Proximamente celebraremos unha reunión de directiva e outra reunión cos responsables da dirección xeral da Xunta na que debatiremos este asunto, e con posterioridade a esas reunións a AGPI fará unha análise mais polo miudo do sucedido.

Santy Gutiérrez,
Presidente da AGPI

VI Encontro Galego de Ilustración en Santiago de Compostela

29/10/2009

Como vén sendo habitual, na derradeira fin de semana de outubro desenvolverase en Santiago de Compostela, organizado pola AGPI, o Encontro Galego de Ilustración. O Encontro chega este ano á súa sexta edición, e contará coa presenza de Max e Horacio Altuna. As actividades abertas ao público serán pola mañá, este sábado, 31 de outubro, na sala da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela), a partir das 10:15 h. Despois das conferencias dos dous convidados, e dun breve intermedio musical a cargo do grupo vocal Crexendo Amodo, no Encontro haberá tempo tamén para a presentación do Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica, cunha mesa redonda na que intervirán os propios Max (presidente de FADIP e membro da Comisión do Observatorio) e Horacio Altuna (presidente de APIC e tamén membro da Comisión), ademais de Henrique Torreiro (xerente de FADIP), Santy Gutiérrez (presidente de AGPI) e Manel Cráneo (vicepresidente de FADIP).

Pola tarde, haberá un xantar de confraternización para socios de AGPI (inscritos previamente), e, a partir das 17:30, a asemblea xeral de socios pechará a xornada.

Na rolda de prensa ofrecida hoxe, na que participaron Santy Gutiérrez, Manel Cráneo e Henrique Torreiro, foi presentado, ademais do programa do Encontro, o libro do Informe 2008, así como a versión galega deste, que pode ser descargada gratuitamente desde a web (PDF, 804 Kb).

O programa completo do Encontro pode descargarse aquí (PDF, 1,93 Mb).

Entrevista a nuestro "presi" en Briefing Galego

28/10/2009

Hoy ha aparecido publicada en Briefing Galego una entrevista que le hicieron a Santy Gutiérrez, presidente de AGPI, donde habla de nuestra asociación, la situación de la ilustración en Galicia, y de muchas otras cosas, todas ellas interesantes, como suele ocurrir con Santy.

Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica

10/10/2009

Xa está dispoñible, en formato impreso e en PDF, o Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica. Que deben facer os ilustradores ante os cambios que se están a producir en todos os ámbitos en que se moven? Como reaccionar ante Internet e os medios dixitais? Os e as profesionais da ilustración gráfica deben comezar tomando conciencia da situación. O Observatorio da Ilustración Gráfica é un «sistema de detección», un instrumento para analizar a realidade da industria, e o seu primeiro resultado é este Informe 2008: unha ferramenta para empezar a situarnos profesionalmente no século XXI, unha base para a reflexión sobre os problemas que temos que resolver ante os novos retos.

O Informe 2008 vén avalado polos membros da Comisión de Profesionais do Observatorio: Horacio Altuna, Pablo Amargo, Elisa Arguilé, Arnal Ballester, Ulises Culebro, Ricardo Esteban, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Forges, Miguel Gallardo, Pablo Martínez, Max, Albert Monteys, Elena Odriozola, Javier Olivares, Carlos Ortín, Miguelanxo Prado, Mariona Sardà, Rosa Serrano y Javier Zabala.

O libro componse de:
• Informe: exposición das realidades de diversos ámbitos en que está involucrado o mundo da ilustración, con conclusións dirixidas ás institucións, aos clientes e aos ilustradores profesionais. Está dispoñible en formato PDF en español, catalán, éuscaro, galego e inglés.
• Anexos: entre outros, artigos asinados por Santy Gutiérrez, Mariona Sardà, Horacio Altuna e Pepo Pérez, e transcricións de mesas redondas con intervencións de Javier Zabala, Javier Olivares, Isidro Ferrer, Kate Larkworthy, Michel Lagarde, José Luis Merino, Ulises Culebro, Alejandro García Schnetzer, José Antonio Millán, Mariví Pulido, Toni Segarra e Philip Stanton. Os anexos están unicamente dispoñibles na versión en castelán.

O libro pode descargarse desde de forma gratuíta www.fadip.org (tamén en galego), en formato PDF. En papel (unicamente dispoñible na versión en castelán) pode ser adquirido pedíndoo á nosa asociación ou solicitándolo a FADIP ().

Dez anos de BD galega en Bruxelas

05/10/2009

Coincidindo coa presentación oficial do VIII Festival de Banda Deseñada da Rexión de Bruxelas, e dentro das actividades Galicia, tempo de BD, inaugurouse o día 1 na capital belga a nosa mostra 10 anos de BD galega, unha retrospectiva dos grandes traballos da banda deseñada galega dos últimos anos,que xa estivera en España, Portugal e Cuba. Ao acto, asistiron autoridades belgas e medios de comunicación especializados, así como representantes da Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultura da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo, promotora da exposición, e a Fundación Galicia Europa, entidade que tivo a iniciativa de trasladar a mostra a Bruxelas.

O obxectivo desta iniciativa é facer promoción entre o público e os editores belgas da obra dos ilustradores galegos, especialmente daqueles que teñen publicado en francés. Durante a presentación, realizouse un pequeno percorrido pola historia da banda deseñada galega, salientando especialmente o recoñecemento acadado na última década, cando Galicia se converteu nun dos principais focos do cómic a nivel español.

Composta por láminas de 42 autores, 10 anos de BD galega é, xunto á dedicada ao debuxante Raoul Cauvin, unha das dúas exposicións temáticas que se exhibirán entre o 9 e o 11 de outubro durante o festival de Bruxelas, un dos máis importantes do poderoso mercado francófono e que nesta edición coincide coa celebración en Bélxica do Ano da Banda Deseñada.

Ademais dos milleiros de visitantes, autores e editores que cada ano enchen as salas do festival, a mostra abrirase a visitas guiadas para escolares, estudantes das escolas de cómic e público en xeral na Maison Pelgrims de Bruxelas, onde permanecerá ata o día 8 de outubro. Posteriormente, trasladarase ao recinto do festival onde se poderá contemplar xunto aos stands dos ilustradores internacionais seleccionados pola organización.

Podedes ver imaxes do evento no flickr de AGPI.