AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

guerrero
Santy Gutiérrez

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Mundos Dixitais

05/07/2010

O festival Mundos Dixitais volve un ano máis á Coruña, coa intención de achegar o máis novo das novas tecnoloxías aplicadas á arte e ao entretemento. O evento, que parte tamén coa intención de achegar aos novos creadores ás grandes compañías do sector, contará coa participación de varios destacados artistas do xénero, como Sebastian Sylwan director artístico da película Avatar e o arquitecto David Taylor, autor do famoso Kodak Theatre, sede dos Oscar de Hollywood. Entre os días 7 e 10 de xullo, a cidade será un ano máis a capital mundial da animación dixital e as novas tecnoloxías aplicadas ao cine e a outras disciplinas artísticas, coa celebración do festival Mundos Dixitais 2010.
O evento, que chega este ano á súa novena edición, contará coa presenza do mais selecto do panorama mundial nos campos da animación, os efectos especiais, os videoxogos e a arquitectura dixital. As grandes estrelas deste ano serán Sebastian Sylwan máximo responsable creativo e técnico da película Avatar, de James Cameron, o director de efectos visuais da compañía Double Negative, Pablo Giménez, que explicará o modo en que elaborou as escenas máis complicadas do filme Iron Man 2 e os responsables do exitoso filme de animación Planet 51.
Ademais destas e outras charlas, Mundos Dixitais albergará tamén tres dos concursos máis importantes do mundo na súa categoría, o Festival Internacional de Animación, polo que pasaron varias curtametraxes gañadoras do Óscar, e os 3DAwards e CGAArchitect Filme Festival, dedicados ambos á arquitectura dixital.
O festival foi presentado polo seu director, Manuel Meijide; o secretario xeral de medios da Xunta, Afonso Cabaleiro; o director de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel Igrexas; e a vicerreitora de Novas Tecnoloxías da Universidade, Elena Sierra.
Meijide destacou a vontade formativa desta edición de Mundos Dixitais, coa que pretenderán achegar aos novos creadores a sectores empresariais, contactos que serían moi complicados de realizar noutro marco. A participación dos relatores dividirase en máis de 40 presentacións: "Os contidos presentaranse con horarios intensivos, e abarcarán un abanico moi amplo de aspectos, tanto técnicos como profesionais. Este ano contamos con varios primeiras espadas dun altísimo nivel".

José Domingo impartirá una masterclass en Fnac de Coruña

02/07/2010

Durante todo el mes de julio, los jueves por la tarde a partir del día 8 está previsto en Fnac de coruña una masterclass de cuatro sesiones sobre el desarrollo de un buen cómic.
Las sesiones correrán a cargo del socio de AGPI, José Domingo, que nos enseñará, desde una perspectiva profesional, la concepción de la idea básica de la obra, el diseño de personajes, la narración gráfica y el proceso de storyboard, entre otras materias técnicas.

Estas sesiones, además son un calentamiento perfecto para el inminente salón del cómic Viñetas desde o Atlántico a las puertas de su edición de 2010.

Como hemos dicho, el taller será impartido por José Domingo en colaboración con la Escuela Superior de Diseño Marcelo Macías. Sin inscripción previa, plazas limitadas.

Horario: 8,15,22 y 29 de Julio a las 19:30 horas.

Comezan as Tertulias AGPI

26/05/2010

A AGPI presenta unha nova actividade, as Tertulias AGPI, que comezan o próximo mércores 2 de xuño ás 19.30 h na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real 56, 15003 A Coruña)  e que posteriormente irán tendo lugar noutras localidades da xeografía galega. O título da primeira tertulia é «Fuga de talentos: segue a ser necesaria a emigración de ilustradores?».

Seguimos os ilustradores necesitando achegarnos ás capitais para poder abrirnos paso profesionalmente, ou a era da internet converteu definitivamente o lugar de residencia en algo secundario? Este faladoiro, aberto a todo o público, busca que as persoas asistentes compartan as súas impresións sobre os mitos e as realidades da emigración de creativos cara a outros lugares. Procuramos un punto de encontro, informal e animado, entre os ilustradores e entre ilustradores e público.

Para abrir o coloquio contaremos cun convidado especial, Alberto Guitián, socio de AGPI que residiu durante uns anos na cidade de Barcelona, onde traballou en ilustración publicitaria, banda deseñada e cinema de animación.

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dá comezo así a unha nova actividade que nace con vocación de continuidade, aínda que sen periodicidade nin sede fixas, coa intención de desenvolvela en diferentes localidades galegas, polo menos unha vez cada trimestre.

Este faladoiro conta coa colaboración da Galería Sargadelos da Coruña e co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, dentro da súa campaña «A Cidade que Le».



Alberto Guitián (Lugo, 1974). Licenciado en Belas Artes en Pontevedra. Acadou premios en diversos certames galegos e portugueses de BD e caricatura. En 2003 gañou un accésit dos premios do Injuve, na categoría de cómic. Ten colaborado en numerosas publicacións, como O Fanzine das Xornadas, Golfiño, Caña, Bíblia, Tmeo, Mono Gráfico, Cabezabajo, Amaníaco, Viralatas, BD Banda, Retranca, Barsowia, Míster K ou El Jueves, e publicou en 2009 o seu primeiro álbum monográfico, Fito e Pita (Retranca Editora). Alén diso, traballou con axencias de publicidade e estudios gráficos de Galicia e Cataluña, así como no deseño de fondos para o filme de animación Chico y Rita, dirixido por Javier Mariscal e Fernando Trueba. Nos próximos meses publicará Petaco, o seu segundo álbum de BD, recompilación de paxinas publicadas na revista xuvenil Míster K.

Agenda de Viñetas 09: Sábado 15

15/08/2009

Hoy Sábado, a las 18.15, Scott McClod dará su conferencia, y  durante toda la mañana los autores estarán firmando. Así que vamos a tener un día movidito.

Agenda de Viñetas 09: Viernes 14

14/08/2009

Si andáis por Viñetas hoy viernes, podéis dedicar el día a ver alguna de las exposiciones que todavía os queden por visitar, pasar por el stand de AGPI, y ya por la tarde, a las 18.15 asistir a la charla de Paco Roca; y a las 19.45, la de Posy Simmonds.

Agenda de Viñetas 09: Jueves 13

13/08/2009

Hoy es un día imprescindible en Viñetas. A las 18:00, en la carpa de presentaciones, AGPI informará sobre sus próximas actividades y presentará su nuevo número de la AGPIRINA.
Por si esto fuera poco, cabe recordar la charla de Pasqual Ferry a las 18.45, y la de Vittorio Giardino a las 20.05.
Ya sabéis, las exposiciones hay que verlas por la mañana!

Agenda de Viñetas 09: Miércoles 12

12/08/2009

Recordamos las charlas de hoy:

18:15 – 19:30 Charla Enrique Vegas y Jose Fonollosa
19:45 – 21:00 Charla André Juillard

“Valle Inclán: retratos, caricaturas e visións” por Siro López

08/04/2009

“Levo feito máis dun cento de retratos, caricaturas e visións de don Ramón María del Valle Inclán, e recoñezo que non abondan para apreixar a xigantesca personalidade que se agocha baixo tan feble encarnadura.
Nesta mostra ofrezo unha escolma variada do meu traballo.”


Siro López inaugura unha exposición sobre Valle Inclán o próximo 21 de abril que permanecerá ata o 30 de maio na Biblioteca Gonzáez Garcés de A Coruña.

Ademáis sempre é un gustazo poder escoitar a Siro, de modo que aproveitemos o día 21, ás 8: 30 da tarde que dará unha conferencia titulada "Ilustración e literatura con Valle Inclán como modelo".

Presenza galega nas I Xornadas de Cómic da APIC

04/03/2009

Co título «O estado do cómic a debate », a Associació Professional d’Il·lustradors de Catalunya (APIC) organiza, para o próximo 10 de marzo, as I Jornades Internacionals de Còmic Professional. Os actos terán lugar no auditorio do Centre d’Estudis i Recursos Culturals (c/ Montalegre, 7, Barcelona), e comezarán ás 9.25 coa mesa redonda «Estado do cómic en Europa e Estados Unidos», que contará coa presenza dos relatores Joseph Béhé (membro do Groupement des Auteurs de la Bande Dessinée ), Horacio Altuna (autor de BD e presidente da APIC) e o coruñés David Macho (representante de autores de cómic), moderados por Pepe Gálvez (guionista e crítico de BD).

A xornada continuará ás 10.45 coa mesa «A perspectiva do autor de cómic», composta polos autores Pasqual Ferry, Rubén Pellejero e máis o socio de AGPI David Rubín, que será moderada por Carles Santamaría (director do Saló del Còmic de Barcelona). Ás 12.30, despois dun descanso, chegará a vez da mesa «A perspectiva do editor de cómic», con Antonio Pérez (director de Planeta DeAgostini Cómics), Jesús Moreno (director editorial de Sins Entido), Vicente García (director de Dolmen Editorial) e Joan Navarro (xerente de Glénat España), que será moderada por Toni Guiral (teórico da BD). As actividades terminarán cun capítulo dedicado a conclusións e propostas de futuro.

Rubín firma en Santiago

22/01/2009

Este viernes 23 de Enero, a las 19:30h, en la librería Kómic ( San Pedro de Mezonzo, 34) de Santiago de Compostela,
presentación de la novela gráfica de David Rubín "Cuaderno de Tormentas", editada por Planeta DeAgostini.

Sesión de firmas, coloquio con el autor y licor café a raudales.

¡Os esperamos!

Más info en el blog de David