AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

A la playa
Nuria Díaz

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Xosé Tomás, embaixador en Nixeria.

19/04/2010

Xosé Tomás parte para a capital de Nixeria, Abuja, convidado pola Embaixada de España do país, a impartir un curso de ilustración infantil a ilustradores nixerianos. Dito curso terá lugar entre os días 19 e 23 de abril, rematando o propio día internacional do libro. Segundo o ilustrador, o interese dos servizos culturais da Embaixada céntrase na análise e posta en práctica da ilustración non tanto como forma de expresión artística, senón como ferramenta de comunicación cos lectores, grazas ao seu potencial para contar historias visuais.

Abrilustrado en Cambre

19/04/2010

O Concello de Cambre organizou, a través das súas bibliotecas municipais e durante os meses de abril e maio, un ciclo de encontros-taller de ilustración e banda deseñada, baixo o título de «Abrilustrado». Os talleres están dirixidos a alumnos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria e de 3º da ESO.

Os ilustradores encargados de impartir eses obradoiros —case todos socios da AGPI— son Laura Blanco, David Pintor, Óscar Villán, Patricia Castelao, Suso Cubeiro, Xosé Tomás, Fran Bueno e Manel Cráneo.

Pode encontrarse máis información no programa de actividades (PDF, 320 Kb), onde se pode ver con máis detalle o cartel, realizado por Xosé Cobas.

Obradoiro e Exposición de Calros Silvar

19/04/2010

Do 12 o 15 de maio, o noso socio Calros Silvar vai impartir un curso de bosquexos de campo en Abegondo, auspiciado polo CEIDA, quen tamén ven de inaugurar unha exposición no colexio de Tarrío-Culleredo que inclúe ilustracións de natureza e das suas ibretas de campo, xunto con material do Museo da Natureza da SGHN.

Creando Historias con Anxo Fariña

05/10/2009

Un dos nosos socios, Anxo Fariña, dirixirá e impartirá a actividade: “Creando historias con Anxo Fariña”. Esta iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüistica pertence ao programa Bocaberta.
A editorial galega A Nosa Terra organiza esta actividade dirixida a nenos e nenas entre os 11 e os 13 anos na que o autor-ilustrador do libro compartirá as súas experiencias sobre a creación da obra. En total, terán lugar un mínimo de 140 sesións en vilas de entre 10.000 e 20.000 habitantes nas provincias da Coruña e de Pontevedra e en vilas de máis de 5.000 habitantes en Lugo e en Ourense.

Obradoiros de BD na Coruña

12/03/2009

O sábado 7 de marzo, no Forum Metropolitano, levaronse a cabo os obradoiros de cómic "Ilústra-te en igualdade", que organizou a Concellería dá Igualdade e de Participación Cidadá do Concello dá Coruña coincidindo co Día Internacional da Muller e nos que participaron máis de 80 nenos.

Luis Sendón, Manel Cráneo, Emma Ríos e Álvaro López impartiron un total de seis talleres dirixidos a nenos de entre 5 e 12 anos de idade.

Os obradoiros organizáronse en sesións de mañá e tarde, con dous grupos de 5 a 7 anos e un de 8 a 12 anos en cada sesión.

Durante os cursos entregouse tamén aos nenos os dous cómics de Corresponsabilidade na Escola elaborados por Filtrocomunicación para a mesma Concellería.

Ilustración no X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

03/02/2009

A décima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que nesta ocasión ten como tema xenérico «O amor» e como país convidado Portugal, conta con diversas actividades relacionadas coa BD e a ilustración no seu programa, que se desenvolve entre o 1 de febreiro e o 15 de marzo, co Pazo da Cultura pontevedrés como sede principal.
Así, ademais do obradoiro de ilustración a cargo de Anxo Fariña, dirixido ao público escolar, entre as actividades abertas ao público xeral hai varias mesas redondas e talleres relacionados. A mesa redonda «Superheroes: BD para rapaces?» conta con David Rubín, Pasqual Ferry e Fran Bueno, e está prevista para o venres 13 de febreiro, ás 19:30 h. O sábado 14 de febreiro hai varias clases maxistrais: con Pasqual Ferry, ás 11:00 h; con Miguel Rocha, ás 16:00 h; e con Max, ás 18:00 h. Ese mesmo día, ademais, hai outra mesa redonda, neste caso baixo o título «BD e literatura», con Jacobo Fernández Serrano, Miguel Rocha e Max, ás 19:30 h.
Por outra parte, o Salón acolle tamén un «Obradoiro de achegamento á BD», dirixido especialmente a profesionais da educación, que está impartido por Julio I. Braña, Rafa Tenorio, Kiko da Silva, Marcos Farrajota e Xico Paradelo, do 9 ao 13 de febreiro, entre 17.00 e 19.00 h.
No capítulo de exposicións, por último, encontramos a titulada «Personalidades múltiples», que reúne os traballos de BD e ilustración dos autores convidados ás mesas e clases maxistrais, e tamén «Ilustração.pt», que mostra a obra de trece autores de ilustración infantil contemporánea portuguesa, a cargo da Direcção-Geral do Livro e das Bibliotecas
O programa completo pode descargase aquí

Talleres de comic en la Biblioteca Pública de Pontevedra

02/11/2008

Nos enteramos que la asociación BD Banda, está organizando en Pontevedra, a partir del 16 de Octubre unos talleres de comic con autores de la talla de Kiko da Silva, Fernando Iglesias, Luis Davila, Pepe Carreiro, Fran Bueno, Miguel Porto y Enma Ríos.

No sabemos si aún quedarán plazas, pero para inscribirse se puede mandar un mail a biblio.publica.pontevedra@xunta.es

Miguel Porto á conquista de Alemania

17/07/2008

O noso socio Miguel Porto marcha cara terras xermanas este Domingo 20 de Xulio e alí estará ata o día 30 do mesmo mes, participando no Skizzenfesival, un festival de debuxo ó natural, que se celebra na cidade de Straslund. Dará así mesmo un taller xunto a deseñadora holandesa Sanne van de Goor o día 27.

Máis información na web de Miguel Porto

Obradoiro de BD a cargo de Manel Cráneo

15/07/2008

Os próximos mércores 20 e xoves 21 de agosto, coincidindo co mes no que se realiza o Salón “Viñetas do Atlántico”, terá lugar na Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés” unha nova edición do Obradoiro de Banda Deseñada a cargo do noso socio Manel Cráneo.

Curso de introducción á serigrafía para socios da AGPI

02/06/2008

Dado o interese que esta disciplina desperta no noso colectivo, a AGPI e a Deputación da Coruña financiarán aos socios de AGPI un curso de Serigrafía organizado e impartido por Xulia Barros e Ramón Villaverde. Este curso intensivo vai dirixido a ilustradores, deseñadores e interesad@s en coñecer os rudimentos desta técnica e como afrontar e presentar un traballo para serigrafía (isto é, coñecer como hai que enviar un traballo listo para a sua filmación e impresión). En concreto, todo o que hai que ter en conta para deseñar camisetas.

O curso é ten unha duración de 8 horas, e celebrarase en tres tandas os días 28 de xuño, o 26 de xullo e o 2 de agosto. O precio do curso son 70 euros por persoa, 40 dos cales serán aportados por AGPI, e os 30 restantes polo alumno/a.

Temario:

- INTRODUCCIÓN Á SERIGRAFÍA, visita ó taller é relato do proceso.
- DESEÑO E PREPARACIÓN DE FOTOLITOS, requerimentos dun deseño para serigrafía. Fotomecánica.
- CAMISETAS, tallas e escalado do deseño.

Paramos para unha grata e satisfactoria comida en marco incomparable. A sobremesa será curta, pola tarde entraremos directamente no traballo de taller:

- PREPARACIÓN E REVELADO DE PANTALLAS.
- AXUSTE DA MÁQUINA, PREPARACIÓN DE UTILLAJE E TINTAS.
- IMPRESIÓN.
- RECUPERACIÓN DE PANTALLAS.

O curso será impartido por Xulia Barros e Ramón Villaverde, que levan catro anos traballando arreo nas lides serigráficas no seu taller de Beade (Vigo). Deseñan e producen duas liñas de camisetas e traballan por encargo. Son proveedores exclusivos dos escritorios de Linux KDE Hispano e Gnome Hispano.

Xulia Barros é ilustradora e socia da AGPI. Estudou Belas Artes, e Serigrafía na Universidade Popular de Vigo.
Ramón Villaverde é monitor do plan FIP de programas de maquetación e deseño. Traballou como responsable de producción nunha serigrafía industrial e tamén estudou Serigrafía na Universidade Popular.



Actividade desenvolvida con axuda da Deputación da Coruña