AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Pepe
Kristina Sabaite

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Exposición del Solomon Kane de Rubín

01/09/2010

Del 09 al 18 de Septiembre, en la librería Panta Rhei (C/ Hernán Cortés 7, Madrid) estarán expuestos los originales de las ilustraciones que David Rubín realizó para el "Solomon Kane" de Robert E. Howard editado por Astiberri.

La inauguración será el día 09 de Septiembre, a las 19:00h, con sesión de firmas y charlilla previa con la colaboración y ayuda del gran Javier Olivares.

O fillo da furia

01/09/2010

Xa podemos ver o trailer da novela gráfica O Fillo da Furia, De Manolo López Poy e Miguel Fernández, a nova aposta de DEMO Editorial.



Así como, tamén nos enteramos que a presentación será o 9 de setembro no FNAC de A Coruña, e o 17 en Alita haberá unha festa.
Esperamos veros a todos alí.

VIÑETAS 2010: Programación de DEMO EDITORIAL

10/08/2010

Los amigos de Demo Editorial nos han hecho llegar su programa para esta semana en Coruña:

XOVES 13:00 horas
PRESENTACIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS
Cós autores Dani Montero, Manolo López Poy, Miguel Fernández e Manel Cráneo
LUGAR: Na carpa da Rúa do Cómic (zona Xardins Mendez Nuñez)     


SESIÓNS DE SINATURAS AUTORES DEMO EDITORIAL


STAND DEMO EDITORIAL
XOVES 12    18:00 horas MANOLO LÓPEZ POY + MIGUEL FERNÁNDEZ
20:00 horas DANI MONTERO
21:00 horas MANEL CRÁNEO

VENRES 13  20:00 horas DANI MONTERO
21:00 horas MANEL CRÁNEO

SÁBADO 14 18:00 horas DANI MONTERO
19:00 horas MANOLO LÓPEZ POY + MIGUEL FERNÁNDEZ
21:00 horas DANI MONTERO

QUIOSKO ALFONSO
Viernes 13
18:00 – 20:00  DANI MONTERO NA SESIÓN DE SINATURAS DE AUTORES CONVIDADOS
Sábado 14
12:00 – 13:30 DANI MONTERO NA SESIÓN DE SINATURAS DE AUTORES CONVIDADOS

José Domingo seleccionado para os premios Raymond Leblanc

05/08/2010

José Domingo, socio de AGPI, foi seleccionado para o premio de BD Raymond Leblanc, pola súa historia "Oil Panic". Entre os 15 finalistas o premio decidirase por votación popular.  Así que imos todos a axudar a José a acadar o premio.
Para votar, ide a fundación Raymond Leblanc

Cómo conseguir un dibujo de David Rubín

05/08/2010

Nuestro socio de AGPI, David Rubín, nos avisa de tres maneras de hacernos con un original suyo:
1.-Por un lado, el Domingo 8 de Agosto, a las 19:00 va a estar junto a Kike Benlloch firmando ejemplares  de "Uxio Novoneyra: A voz herdada", en la Feria del Libro de A Coruña.

2.-Por otro lado, dentro del evento comiquero estival por excelencia, Viñetas dende o Atlántico, el jueves 12 y el viernes 13, estará en el Stand de Astiberri.

3.-Y por último, desde AGPI se está coordinando la venta de originales de nuestros socios. Una ocasión excepcional para hacerse con alguna página, ilustración o boceto que nadie más va a tener.

Más información sobre la agenda de David en su blog.

Premios Injuve 2010

07/07/2010

Xa se sabe a resolución dos Premios Injuve para la Creación Joven 2010.

Dentro da modalidade de Ilustración foi seleccionada unha das nosas socias, Andrea Fernández, "Avi".
Esta moza da Illa de Arousa leva dende fai pouco tempo ilustrando aínda que sempre supo que este era o camiño que quería seguir. Tal e como nos dicía: "nacer nunha illa leva uns riscos. Ás veces tornas en nube e pensas que o mar está no ceo e navegas."
Podemos ver o seu traballo no blogue de Andrea

Por outra banda, o noso socio Brais Rodríguez levou un premio na modalidade de comic.

A lista completa de premiados e seleccionados.

José Domingo impartirá una masterclass en Fnac de Coruña

02/07/2010

Durante todo el mes de julio, los jueves por la tarde a partir del día 8 está previsto en Fnac de coruña una masterclass de cuatro sesiones sobre el desarrollo de un buen cómic.
Las sesiones correrán a cargo del socio de AGPI, José Domingo, que nos enseñará, desde una perspectiva profesional, la concepción de la idea básica de la obra, el diseño de personajes, la narración gráfica y el proceso de storyboard, entre otras materias técnicas.

Estas sesiones, además son un calentamiento perfecto para el inminente salón del cómic Viñetas desde o Atlántico a las puertas de su edición de 2010.

Como hemos dicho, el taller será impartido por José Domingo en colaboración con la Escuela Superior de Diseño Marcelo Macías. Sin inscripción previa, plazas limitadas.

Horario: 8,15,22 y 29 de Julio a las 19:30 horas.

Killing the Cobra: Chinatown Trollop. Portada de Pintureiro

11/05/2010

Ya se está publicitando en la página de la editorial americana IDW el lanzamiento del comic book: Killing the Cobra: Chinatown Trollop. Las portadas de los cinco números de la serie son de nuestro socio Pintureiro, que fue entrevistado en La Voz de Galicia el pasado sábado.

Exposición de Leandro

07/05/2010

Dende o 8 de maio ó 1 de xuño, poderemos achegarnos a ver a exposición do humorista gráfico (e socio de AGPI) Leandro Barea titulada "10 de anos de viñetas de humor en La Voz de Lugo".
Alí exporánse unha recopilación de más de 80 viñetas que reflicten a súa visión sobre Lugo e a súa sociedade.

II Certame Galego de BD sobre teatro

07/05/2010

A Revista Galega de Teatro acaba de convocar as bases da segunda edición do Certame Galego de BD sobre Teatro.
As bases son as seguintes:
II Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro

Bases

1)A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro (RGT), convoca este certame co obxectivo de contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego.

2) Neste certame poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar,cada unha delas, cantas obras desexen.

3) O traballo consistirá en adaptar para banda deseñada a peza Hámster de Santiago Cortegoso, autor premiado co Premio de Teatro Rafael Dieste en 2009. Hámster foi editado pola Revista Galega de Teatro no seu número 60 e pode atoparse nas bibliotecas, solicitarse nas librerías ou na Editorial Galaxia.

4) O texto do traballo será en lingua galega.

5) A extensión será de 16 páxinas (cor ou branco e negro) máis  portada en cor. O formato será DIN A-4 ( 210 mm x 297 mm).

6) Os traballos non poderán levar o nome da autora ou autor de xeito visible. Presentaranse en sobre, sen sinatura nin nome, baixo un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título ou lema, e os datos persoais: nome e apelidos, fotocopia do DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.

7) A  recepción de traballos rematará o día 2 de xullo de 2009, este incluído. Deberán remitirse a: Revista Galega de Teatro. Apartado de Correos nº 210. 36940 Cangas do Morrazo. Pontevedra.

8) A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras.

9) O fallo inapelable do xurado será o día 10 de xullo de 2010 a través da páxina web da RGT: www.revistagalegateatro.com ou no blog: revistagalegadeteatro.blogaliza.org.

10) A organización resérvase o dereito de realizar exposicións públicas con todos os orixinais presentados ao certame na XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas, na XXVI Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e noutros locais e datas por determinar.

11) Os exemplares poderán ser reclamados a partir do 15 de agosto de 2009. Os gastos de devolución correrán por conta dos concursantes. O orixinal premiado e os orixinais non solicitados, pasarán a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.

12) Establécese un único premio de 1.000 euros e a publicación da obra gañadora.

13) Un xurado cualificado determinará a mellor obra. O premio poderá ser declarado deserto.

15) A participación neste concurso implica a aceptación de todas as súas bases. A organización poderá introducir, se o cre preciso, as modificacións que estime pertinentes para o bo funcionamento do certame. De igual xeito, coidará das obras presentadas pero non se fai responsable da súa integridade.

Para calquera información sobre o concurso, as persoas interesadas poderán dirixirse ao enderezo: blog@revistagalegateatro.com