AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Jazz
Rubén Álvarez

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

O colectivo Ilustrando.com comprometido coas persoas con enfermidades raras

02/07/2010

O colectivo formado por ilustradores de dentro e fóra de España  está a desenvolver a súa nova obra "Ilustrando que es Gerundio", cuxos beneficios irán destinados a proxectos e servizos da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER)

Concretamente, a obra é a recompilación do traballo de 14 coñecidos profesionais entre os que se atopan Antón Romero, impulsor da iniciativa que, xunto con Rubén Pérez, asina os seus traballos como RuAn, ou a tudense Kristina Sabaite.

O libro de 32 páxinas a cor está prologado polo o ilustrador Roselino López, e nun principio será de venda exclusiva a través da plataforma Blurb desde a seguinte ligazón.
Os beneficios que se consigan a través da venda deste libro destinaranse a proxectos e servizos para as persoas con patoloxías pouco frecuentes. O obxectivo é mellorar a realidade destes 3 millóns de familias en España que sofren o illamento e a desesperación de sufrir unha enfermidade rara.

Sobre Ilustrando.com:

Ilustrando.com é unha comunidade internacional de artistas gráficos que pretende achegar a súa arte e coñecementos a todo aquel que o precise.
Ademais do seu labor profesional e de “ligazón”, Ilustrando.com comparte un espírito de colaboración que vai máis aló da elaboración de propostas artísticas conxuntas, extrapolándoas no seu compromiso con distintas causas.

Sobre FEDER
A Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) é a organización que integra aos pacientes con enfermidades de baixa prevalencia, tratándose dunha das principais plataformas de pacientes en España.
Está constituída por máis de 190 asociacións, representa máis de 1.500 enfermidades distintas e ten como misión loitar polos dereitos e intereses dos afectados, co fin de mellorar a súa esperanza e calidade de vida.

Kristina Sabaite ilustra Un can no Piso

02/07/2010

Por si fuera poco con el premio en el festival Cow, nos enteramos que acaba de salir un nuevo libro de Fina Casalderrey e ilustrado por Kristina, que se titula  “Un can no piso” (editorial Galaxia):

Un can no piso” – es una divertida historia de un perrito que fue recogido de la calle y vive en un piso y que la familia que lo tiene entiende que no es nada complicado tener un perro en el piso. Además de ser una historia muy bonita y con un buen toque de humor, es también educativa, ya que sabemos un grande problema que existe cuando la gente deja los perros abandonados sobre todo en la época de verano. Así que esperemos que los pequeños lectores aprendan que tener un perro es una gran responsabilidad y que es posible tenerlo en el piso, si lo cuidas bien.
Más información.

Novo libro de Xan López Domínguez

16/06/2010

O noso socio e prestixioso ilustrador Xan López Dominguez ven de ilustrar o último libro editado por Baía Edicións para público Infantil-Xuvenil da colección Meiga Moira, "Ninguén nace antetempo...",

O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria.

Zor e Mae, unha parella de rapaces, descobren que existe algo máis que violencia no acto de apareamento, na submisión amosada polas femias do clan.

Danse conta ao mesmo tempo de que as frecuentes malleiras que as femias reciben non teñen razón de ser.

Xuntos experimentan unha morea de sensacións descoñecidas. Intúen a existencia dun novo sentimento que ninguén aceptará. As súas ideas resultan inadecuadas e ameazantes para os machos do grupo que mesmo rematan por condenalos ao desterro, ante a crenza de que estaban posuídos polos malos espíritos.

Pep Bruno e Mariona Cabassa gañan o III Premio Internacional Compostela coa obra “La familia C”

08/04/2010

A obra titulada “La Familia C”, con texto de Pep Bruno (Barcelona, 1971) e ilustracións de Mariona Cabassa (Barcelona, 1977), é a gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O galardón, cunha dotación de 12.000 euros, conleva a publicación do libro en galego, castelán, catalán, euskera e portugués. Os traballos do catalán Raimon Juventeny Corberó, “Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos”, e da arxentina Vanina Soledad Starkoff, “Bailar en las nubes”, son os finalistas do certame.

O fallo do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado marca o inicio da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, en colaboración coa Galería Sargadelos. Co lema “Un gran soño”, a campaña vólcase un ano máis en desenvolver actividades dirixidas a pre-lectores, escolares, educadores, bibliotecarios e promotores de lectura, público familiar e, por primeira vez, futuros creadores artísticos. Ata o 22 de maio, o programa ofrece sesións de contos e música, visitas guiadas á exposición de ilustracións e obxectos artísticos, obradoiros de escrita creativa e de ilustración, actividades formativas para o profesorado, encontros con ilustradores e charlas para familias.


Máis información:
KALANDRAKA EDITORA
BLOG K

Audiocontos de Galaxia

20/01/2010

Os sete cabuxos (adaptación de Xesús Carballo Soliño, ilustracións de Enjamio), Branca de neve e os sete ananos (adaptación de Ánxela Gracián, ilustracións de Ánxeles Ferrer), O galo Quirico (adaptación de Xavier Senín, ilustracións de Noemí López) e Os catro amigos (adaptación de Xesús Carballo Soliño ilustracións de Kristina Sabaite ) son os catro primeiros títulos escollidos pola editorial “Galaxia”para presentar a colección ‘Audiocontos’.
Os audiocontos son unha fermosa proposta que conxuga a literatura de sempre cunhas versións dramatizadas, en CD, a cargo destas dúas coñecidas voces da dobraxe galega, baixo da dirección de Tero Rodríguez. Estes primeiros audiocontos permitirán, sen dúbida, achegar as historias que coñecemos de toda a vida doutra maneira aos máis pequechos da casa.
Non se tratan de simples narracións, senón dunha proposta artística diferente e ao mesmo tempo complementaria ao libro. Os efectos de son, as músicas escollidas e a interpretación, fan destes audiocontos un produto novidoso que ensaiamos agora en galego e do que estamos certos que terán unha boa acollida. Ademais, os CDs ábrense e péchanse cunhas animadas cancións que serven de pórtico e epílogo perfecto a unha das cousas máis marabillosas que hai: que alguén nos conte un conto.

PREMIOS FERVENZAS LITERARIAS 2009

19/01/2010

Acaban de darse a coñecer os premios Fervenzas Literarias, que otorga o blog do mesmo nome e que é unha das referencias da literatura galega na rede.
Entre os premiados deste ano lévase o premio ao mellor ilustrador David Pintor seguido de outros socios da AGPI como Xosé Cobas, Enma Ríos ou Manel Cráneo.
Ademáis o mellor libro infantil foi para novela Chamádeme Simbad, escrita por Francisco Castro e ilustrada por Manel Cráneo.
Entre as 5 mellores cubertas tamén nos encontramos a cuberta de Patricia Castelao para O sombreiro do Chichiriteiro e de novo a David Pintor (A peripecia de Roi) e Manel Cráneo (Chamádeme Simbad).
Noraboa a todos!!

Monadas, ilustrado por Jaime Asensi

13/12/2009

La Editorial zaragozana Libros del Innombrable acaba de editar el libro de poemas MONADAS de Luce Moreau Arrabal ilustrado por Jaime Asensi. Poemas todos dedicados a los animales. Colección Sarastro. Edición bilingüe en francés y castellano

Terceira entrega dos Megatoxos

12/12/2009

Despois de vender 20000 exemplares dos dous primeiros volumes da saga dos Megatoxos, o noso socio Anxo Fariña, presenta o terceiro libro desta colección: Os Megatoxos e os Templarios da Luz. Unha novela xuvenil con moita acción e intriga na que o noso socio asina tanto o texto como as ilustracións. Máis información nas webs: www.megatoxos.com e http://introterrestres.blogspot.com

MIL COUSAS PODEN PASAR EN VIGO

03/12/2009

Preséntase en Vigo a obra gañadora do premio Merlín 2009:  Mil Cousas Poden Pasar de nuestro socio Jacobo Fernández Serrano.

O acto, que contará coa participación de Chus Pereiro, Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano, terá lugar o vindeiro xoves, 10 de decembro, ás 20,00 horas na Libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12

Premio a Ciudades de Papel, de David Pintor

17/11/2009

Nuestro socio, David Pintor, acaba de recibir el premio de la Bienal Carnet de Voyage, una de las ferias más importantes del mundo dedicada a los libros sobre viajes, celebrada en la localidad francesa Clermont-Ferrand.
"Ciudades de Papel", publicado por Patito Editorial, es una colección de estampas realizadas por David en sus viajes. Recomendable 100%.
Enhorabuena, David