AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Assaltado
Uxío Broullón (ictioscopio)

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Dobre sesión de IlustraNoite,
en Vigo e na Coruña

21/05/2014

Cartel deseñado por Bernal Prieto, sobre ilustración de Alberto Guitián

A noite do venres 30 en Vigo e a do sábado 31 de maio na Coruña, a AGPI ten preparados eventos lúdicos abertos ao público que servirán de colofón a dúas xornadas dedicadas á ilustración, xa que esas mesmas tardes se impartirá o curso Soy ilustrador, ¿y ahora qué?, na EMAO de Vigo e na Fundación Luís Seoane da Coruña, respectivamente.

O IlustraNoite é un formato de presentacións multimedia onde varios profesionais de diversos campos da ilustración fan un percorrido pola súa obra de forma breve e áxil, ao estilo dos pecha kucha. Ata agora, a AGPI xa organizou dúas edicións do IlustraNoite, coincindo cos Cursos AGPI desenvolvidos en 2012 e 2013.

O IlustraNoite 2014 en Vigo (o cartel, aquí) decorrerá no café Detrás do Marco (rúa Londres s/n, 36202 Vigo), o venres 30 de maio a partir das 21:30 h. Poderán verse presentacións dos ilustradores Carlos Trigo, Carlos Rodríguez (Duplo Studio), Xpen, Laura Comesaña, Jano, Raúl Bermúdez, Anxo Fariña, Abi, Sozosuru e Tayone.

Pola súa parte, o IlustraNoite 2014 na Coruña (ligazón ao cartel) será no bar Old School (rúa División Azul 8, 15005 A Coruña), o sábado 31 de maio a partir das 22:30 h. As presentacións neste caso serán de Cascanueces/Bululú, Roque Romero, Irene Sanjuán, Cestola na Cachola, Leandro, David Pintor, Iria do Castelo, Perrilla, Miguel Fernández e Carlos Arrojo.

0 comentarios nesta noticia: