AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Nova Babilonia
Miguel Cuba

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Marina Seoane ilustra ‘O libro dos Reis Magos’

03/01/2013

O volume O libro dos Reis Magos, publicado pola Xunta de Galicia, inclúe textos de vinte e seis escritoras galegas e ilustrado pola nosa socia Marina Seoane. O libro será distribuído gratuitamente a través dos concellos que forman a Rede de Dinamización Lingüística, en coincidencia coa celebración das cabalgatas de Reis de toda Galicia. Ademais, pode descargarse en PDF desde esta ligazón.

Non é o único traballo de Marina relacionado con estas datas en Galicia, xa que tamén é da súa autoría o cartel do «Poboado lapón» que instalou este Nadal Concello da Coruña na praza de María Pita.

0 comentarios nesta noticia: