AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Victoria Riveiro

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

O Premio Castelao pasa a ser bienal

17/02/2012

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, confirmou onte, na presentación dos premios que anualmente convoca a institución, que algúns deles pasan a ser bienais por cuestións económicas. É o caso do Premio Castelao de BD; desta forma, fanse realidade os rumores que apuntaban a que o premio non se convocaría este ano. A próxima convocatoria será, por tanto, en 2013.

Calvo explicou que o criterio empregado para espazar as convocatorias foi o da «cantidade de concorrencia»: reducíronse as convocatorias dos premios con menos participantes, entre eles o de banda deseñada. Máis detalles, neste artigo de La Opinión de A Coruña.

0 comentarios nesta noticia: