AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

A Bañeira
Cristal Reza Cardero

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Exposición ‘... E ata aquí podo ler’

05/08/2010

Dende o 31 de xullo, e ata o día 22 de agosto, a Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga 10, 15003 A Coruña) [http://bit.ly/a9JXjg] acollerá a exposición «... E ata aquí podo ler», organizada pola AGPI en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. A mostra, desenvolvida co gallo da Feira do Libro da cidade herculina, recolle as ilustracións feitas por 87 autores e autoras galegos co fin de serviren como marcapáxinas ou puntos de lectura.

Ditos marcapáxinas poden ser obtidos por separado coas compras nas casetas da Feira do Libro, mais tamén pode mercarse a colección completa (aparafusada por unha esquina, ao estilo dunha guía de cores ou un abano) na caseta da AGPI que se instalará na feira da banda deseñada do Festival Viñetas desde o Atlántico entre o 9 e o 15 de agosto.

A montaxe dos exemplares da colección foi un arduo traballo que desenrolaron os nosos socios en membros da Xunta Directiva de AGPI, Manel Cráneo e Almudena Aparicio, e podemos ver unha mostra do seu calvario neste video que preparou o propio Manel.

3 comentarios nesta noticia:

victor boullon 05/08/2010

Si señor, un bo traballo! estades feitos uns profesionais do sector, je je je...! A verdade é que fixéchedes un traballo de moito mérito. Se pasades por Santiago algún dia destes tomamosle unhas cañas que ben as merecedesje je je !!!

Cristina Duran.APIV www.apiv.com
06/08/2010

¡¡Enhorabuena Manel y compañía!! Ha quedado fenomenal. Nos alegra que las iniciativas sean compartidas por las APIs.
Y nos ha encantado el video, ha sido una gran idea grabar el proceso... es bueno que los socios/as vean todo el trabajo y toda la gente que hay implicada detrás de estos eventos. ¡Qué pena que nosotros no lo grabáramos en su día!... a lo mejor os pedimos prestado el video...
Un abrazo desde Valencia y que tenga mucho éxito la exposición.

anxeles 23/08/2010

Gracias manel y almudena !menudo trabajo! el abanico de marcapáginas quedó chulísimo, un beso.