AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Banda Morodo
Carlos Castro

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Premios Injuve 2010

07/07/2010

Xa se sabe a resolución dos Premios Injuve para la Creación Joven 2010.

Dentro da modalidade de Ilustración foi seleccionada unha das nosas socias, Andrea Fernández, "Avi".
Esta moza da Illa de Arousa leva dende fai pouco tempo ilustrando aínda que sempre supo que este era o camiño que quería seguir. Tal e como nos dicía: "nacer nunha illa leva uns riscos. Ás veces tornas en nube e pensas que o mar está no ceo e navegas."
Podemos ver o seu traballo no blogue de Andrea

Por outra banda, o noso socio Brais Rodríguez levou un premio na modalidade de comic.

A lista completa de premiados e seleccionados.

2 comentarios nesta noticia:

david rubín www.detripas.blogspot.com
20/07/2010

Ola, pequena pero importante corrección:

Brais Rodriguez non levou "un premio" no INJUVE; levou O PREMIO, ousexa, que a modalidade de cómic o PRIMEIRO PREMIO é para Brais Rodríguez (que gañou ex-aequo con Mireia Perez.)

Sorpréndeme que nin aquí nin na lista de correo desta asociación se comentara que un dos socios gañara un dos premios mais importantes de cómic que se dá na península.

Apertas!

d.

20/07/2010

Así mesmo, e sen querer para nada desmerecer o traballo de Andrea, paréceme alucinante que unha mención (que non é premio) sexa o eixo central desta nova encanto que o socio que gañou o Premio Injuve de Cómic quede relegado a una anotación rápida no último renglón.

d.