Pincha na imaxe para ampliar
Deseño para a capa dun e-book
(lapis carbón e Photoshop)
(1971) Ilustrador e deseñador gráfico
Depois de vagar un pouco sen rumbo, fun estudar na Escuela de Arte nº 10,
de Madrid. Pero estiven 8 anos traballando noutras cousas; farto diso,
decido retornar á Galicia e retomar a idea de ser ilustrador, e niso
estou...
Como ilustrador, fixen a ilustración para o cartel da AGPI de promoción do asociativismo; ilustracións para un vídeo sobre a historia do mosteiro de San Pedro de Rocas, deseñei varios carteis (feria de artesanía
Argálica, Semana de Cine de Cangas, a curtametraxe Las
tentaciones de Hipólito...) e cousas illadas nalgunhas publicacións.
De 2006 a 2009 traballei en Acordar e fixen mini-ilustracións para o xornal dixital Vieiros.com.Tamén publico viñetas baixo o lema vida carvão no meu blog: http://homedareia.blogspot.com
correo-e: ictioscopio/arroba/gmail/ponto/com
web: ictioscopio.eu